A  Asociación Protectora de Animais ¨Xuntos As Mariñas » surxe no ano 2019, grazas a un grupo de persoas preocupadas polos gatos da rúa, que se reproducen incontroladamente, cans abandoados, animais atropelados, animais maltratados, animais pasando fame,… e todo isto non é atendido polos organismos os que lles corresponde.

Os nosos ingresos dependen de donativos particulares e de empresas, huchas, rifas, eventos, padriños e dos nosos socios.

Como somos de recente creación estamos ollando as Subvencións de Organismos Públicos.

A nosa labor cubre principalmente seis puntos:

1. Campañas de esterilización.

A esterilización é o método máis eficaz para evitar o crecemento incontrolado da poboación de animais.

2. Campañas de vacinación e desparasitación.

Os animais das colonias precisan estar vacinados e desparasitados para que non transmitan enfermidades, e por suposto, para que eles non as collan.

 3. Concienciación, sensibilización e educación.

Un dos nosos plans de traballo sobre o benestar animal é mediante charlas e actividades.

Denunciamos casos de incuprimento da ley e Protección Animal, de calquer inxusticia ou maltrato cara os animais.

O noso obxetivo non  é só trocar a realidade actual dos animais maltratados ou abandoados, senón ademáis loitar por conseguir que teñamos unha sociedade futura responsable e sensibilizada cos animais.

4. Campañas de adopción responsable.

Actuaremos como intermediarios entre as familias que teñen animais para adoptar e as persoas adoptantes. Os adoptantes firmarán un contrato de adopción no que se comprometan a tratar o animal como se merece, cubríndolle as necesidades básicas que precisa.

 5. Alimentación das colonias.

Garantir as colonias felinas alimento tódolos días, para isto sería preciso dispoñer de carnets de alimentador, como en Jaén e na Coruña. Hoxe en día tal e como están as leis poden multarte por alimentar as colonias.

6. Loitar polos dereitos dos animais.

Un dos puntos máis importantes sería loitar por conseguir praias todo o ano, onde poidamos levar os nosos cans.

Solicitamos o control horario das bombas durante as festas parroquiais, pois é un dos principais motivos polos que os cans escapan e desoriéntanse.

Precisamos parques para que os nosos cans poidan xogar soltos sen molestar as persoas, temos a comarca de Ferrol como referente, onde hai varios parques para eles.