Mercadillo solidario

O próximo domingo, 28 de abril, na Feira da 2ª man, troco e artesanía en Oza-Cesuras.

A Asociación Animalista Xuntos As Mariñas ponse en marcha en Bergondo para atender as necesidades dos animais abandonados do noso entorno. Ten como obxectivos, entre outros:

  • Coidado de gatos e cans abandonados.
  • Busca das familias dos animais extraviados.
  • Recollida de gatos da rúa para a súa castración, desparasitación e vacinación.
  • Alimentación das colonias de gatos.
  • Campañas de adopción, acollida ou apadriñamento dos gatos da rúa.
  • Fomento o desenrolo de actividades educativas para concienciar á comunidade sobre a problemática dos animais abandonados.
  • Creación dun banco de alimentos para animais.
  • Campañas fronte as administracións polo benestar dos animais.

Presentación da asociación